percepción

A percepción do propio corpo, así como a percepción da contorna que nos rodea, son conceptos fundamentais nos talleres.
Para entender como perciben a vila ou cidade os que son e serán os seus habitantes do futuro, saímos á “deriva” cun gran marco dourado.
Unha vez que entendemos como perciben eles a súa vila, trataremos de provocar nas nenas e nenos unha nova visión da súa contorna cotiá, buscando que rompan co coñecido e que poidan ver os mesmos lugares con outros ollos.

Grazas polo teu aporte