Bueu

 

COMO É A TÚA vila? QUE ELEMENTOS DESTACARÍAS?

enmarcando BUEU

Para entender cómo perciben Bueu os que son e serán os seus habitantes do futuro, saímos á “deriva” cun gran marco dourado, para que no noso deambular vaian enmarcando aqueles elementos urbanos que son importantes para eles.

“Diego non coñecía o mar. O seu pai, Santiago Kovadloff, levouno a descubrilo.

Viaxaron ao sur.

El, o mar, estaba máis alá dos altos médanos, esperando.

Cando o neno e seu pai alcanzaron por fin aquelos cumes de arena,

despois de moito camiñar, o mar explotou ante os seus ollos.

E foi tanta a inmensidade do mar, e tanto o seu brillo, que o neno quedou mudo de tanta fermosura.

E cando por fin conseguiu falar, temblando, tartamudeando, pediu ao seu pai:

-Axúdame a mirar!-“

Eduardo Galeano

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.