pobra do caramiñal

 

COMO É A TÚA vila? QUE ELEMENTOS DESTACARÍAS? 

ENMARCANDO A POBRA DO CARAMIÑAL

Comezamos as actividades pedíndolles que nos mostren cal é a súa visión da vila para saber de qué punto partimos. E poder entender cal é a súa relación con espazo que habitan.

Entender a súa visión da cidade: Coñecen a cidade? Comprenden o espazo que habitan?…Saben situar a súa casa, o seu  colexio o seu espazo de xogo?…Ou polo contrario a cidade é un gran laberinto incomprensible para eles?

Aplicando a Teoría da Deriva de Guy Debord realízase un percorrido ao longo de A Pobra do Caramiñal… ao paso polos distintos espazos que van decidindo enmarcar, que cosas teñen importancia para eles… eles deciden qué camiños seguimos e hacia onde imos.

Mediante este método de participación dos nenos nunha actividade amable e participativa, podemos comezar a intuir o seu criterio á hora de entender o seu hábitat.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.