Santiago de Compostela

 

enmarcando A TÚA CIDADE

COÑECENDO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Entender a cidade a través dos seus ollos, necesitamos descubrir se en verdade son coñecedores do seu hábitat, se comprenden os espazos que os componen, se son capaces de situar os lugares máis frecuentados dentro da trama urbana ou se ocurre o contrario, se a cidade é un elemento alleo a súa existencia, un ente estraño, descoñecido.

Comezamos as actividades pedíndolles que nos mostren cal é a súa visión da cidade para saber de que punto partimos. E poder entender cal é a súa relación con espazo que habitan.

Entender a súa visión da cidade: Coñecen a cidade?, Comprenden o espazo que habitan?… Saben situar a súa casa, o seu  colexio o seu espazo de xogo?… Ou polo contrario a cidade é un gran laberinto incomprensible para eles?

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.