Como volver facer que a cidade sexa…

o noso sitio,
o noso lugar

“A Vila do Mañá” é un proxecto educativo no cal o obxectivo é que dende a infancia e a través do xogo se tome conciencia de tódalas escalas do común: a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe.

Como se desenvolve “A Vila do Mañá”

Partimos de que cada vila ou cidade ten unha identidade propia, polo que as actividades para cada un dos lugares nos que actuamos son diferentes, pero sempre cunha mesma base.

Os obradoiros de “A vila do mañá” estructúranse en 5 días e en 2 tipos de actividades diferentes.

As actividades “IN” que se realizan cos máis pequenos de 3 a 5 anos dentro do taller.

As actividades “OUT” que convirten a cidade na que estamos nun taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación realizadas cos nenos de 6 a 17 anos.

Cidades

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos e laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Colorea a túa Cidade

Queremos que os nenos aprendan a mirar o lugar onde habitan, tendo con eles dúas poderosas ferramentas: a ARTE e a ARQUITECTURA.

Queres saber máis?
Escríbenos

Lin e acepto a política de privacidade