
Ribeira
como é a túa cidade? que elementos destacarías?
ENMARCANDO RIBEIRA
Ao enmarcar un elemento, automaticamente dáselle unha gran importancia. Agora necesitamos saber que espazos poden ser elevados a esta categoría en Ribeira, cales son aqueles lugares que aprecian, que consideran o suficientemente importantes como para enmarcalos.
“É neste contexto social e espacial no que desenvolves as súas propostas “A Vila Do Mañá”, un proxecto recente pero moi intenso que se alimenta tanto das primixenias experiencias e propostas de Froebel e as súas fondas pegadas no mundo da educación e da arquitectura, como das máis recentes achegas do cada vez máis importante colectivo adicado á Educación en Arquitectura, entrando a formar parte deste valiosísimo grupo de profesionais da arquitectura comprometidos coa educación que temos a fortuna de ter activos en España e en Galicia”.
Xosé M Rosales Noves (Coordinador proxecto TERRA)
