Ferrol

 

CÓMO É A TÚA CIDADE? QUÉ ELEMENTOS DESTACARÍAS?

ENMARCANDO FERROL 

Para entender cómo perciben Ferrol os que son e serán os seus habitantes do futuro, saímos á “deriva” cun gran marco dourado, para que no noso deambular vaian enmarcando aqueles elementos urbanos que son importantes para eles.

Cales foron os protagonistas da nosa experiencia?

Aplicando a Teoría da Deriva de Guy Debord realízase un percorrido ao longo de Ferrol… ao paso polos distintos espazos que van decidindo enmarcar, que cosas teñen importancia para eles… eles deciden que camiños seguimos e hacia onde imos.

Mediante este método de participación dos nenos nunha actividade amable e participativa, podemos comezar a intuir o seu criterio á hora de entender o seu hábitat.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.