A vila do mañá creada por

SANDRA GONZÁLEZ ÁLVAREZ
(Carballiño), Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Actualmente doutoranda no Programa Oficial de Doutoramento en Arquitectura e Urbanismo da Universidade da Coruña e na Universidade Presbiteriana Mackenzie en São Paulo. Bolsa Iberoamericana de Investigación do Banco Santander 2017-2018.
Mención nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 pola rehabilitación das Antigas Vivendas de Mestres de Rianxo.
Os seus proxectos: “A Vila do Mañá”, “FAB LAB na Coruña” xunto con “ARTEIXOworks” formaron parte dos contidos expositivos do Pavillón Español na Bienal de Venecia 2018 (16. Mostra Internazionale dei Architettura). Premiada en concursos de ámbito nacional e internacional: Mención de honra á categoría Metodoloxías no concurso Proxectos educativos Ludantia. I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Mocidade co proxecto “A Vila do Mañá”; Premio COAG XVII na categoría Proxecto Fin de Carreira co proxecto “FAB LAB na Coruña”; Mención de honra no concurso International Shopping Plaza Concept Design Competition 2015-2016 co proxecto: “Why not?”, Architecture and Culture Society of China, Wanda Commercial Planning e Research Institute, Urban Environment Design (UED); Mención de honra no concurso HYP CUP 2013 International Student Competition in Architectural Design co proxecto: “Stitches” Urban Environment Design (UED); Mención de Honra en 24H 5th edition. Aspace inspace. IdeasForward; 2ºPremio no concurso III Steelcase para Estudiantes de Arquitectura 2013; 1ºPremio no concurso de ideas DISTRITO ACTIVO, Arquitectos Sen Fronteiras Galicia e COAG. 1ºPremio PREMIO AGP de Arquitectura, Asociación Galega de Pizarristas. 1ºPremio INRS (Institut National de Recherche et Sécurite) Programa Internacional IACOBUS Rehabilitación do Patrimonio Europeo; entre outros. Realizou relatorios e comunicacións en diferentes congresos e seminarios de ámbito nacional e internacional.