
ARZÚA
COMO É A TÚA VILA? QUE ELEMENTOS DESTACARÍAS?
coñecendo arzúa
Ao enmarcar un elemento, automáticamente dáselle unha gran importancia. Agora necesitamos saber qué espazos poden ser elevados a esta categoría en Arzúa, cales son aqueles lugares que aprecian, que consideran o suficientemente importantes como para enmarcalos.
“Entre os procedementos situacionistas, a deriva preséntase como unha técnica de paso ininterrompidos a través de ambientes diversos. O concepto de deriva está ligado indisolublemente ao recoñecemento de efectos de natureza psicoxeográfica e á afirmación dun comportamiento lúdico-construtivo que a opón en todos os aspectos ás nocións clásicas de viaxe e de paseo. […]. Pero a deriva, no seu carácter unitario, comprende ese deixarse levar e a súa contradición necesaria: o dominio das variables psicoxeográficas mediante o coñecemento e o cálculo de posibilidades. […]. O azar xoga na deriva un papel tanto máis importante canto menos asentada estea aínda a observación psicoxeográfica.”
Guy Debord
