Cambados

 

COMO É A TÚA vila? QUE ELEMENTOS DESTACARÍAS?

SAÍMOS A ENMARCAR CAMBADOS

A percepción do propio corpo, así como a percepción do contorno que nos rodea, son conceptos fundamentais nos obradoiros.

Para entender como perciben Cambados os que son e serán os seus habitantes do futuro, saímos á “deriva” cun gran marco dourado, para que no noso deambular vaian enmarcando aqueles elementos urbanos que son importantes para eles.

Cales foron os protagonistas da nosa experiencia?

A experiencia inspírase na obra de O´Grady, artista e activista polos dereitos da sociedade afroamericana, que coa súa performance pretende incluír na súa obra espectadores de raza negra, raza que normalmente quedaba fora da arte. Para a performance, O´Grady decide desfilar no día da cultura afroamericana, deseñando unha carroza cun gran marco dourado sobre ela, a esta acompáñanllle 13 actores e actrices de raza latina e negra, vestidos de branco e cun pequeno marco dourado. O obxectivo era que os artistas se enmarcasen a eles mesmos ou aos espectadores, e facer ver aos cidadáns afroamericanos a súa validez para pertencer á arte. Ao fotografiar marcos O´Grady fainos cuestionarnos sobre que é o que queda fóra ou dentro da súa obra. Tradicionalmente isto era delimitado polo cadro, marcando unha liña bastante clara. Ela, rompe esa liña, e o que pasa fóra coexiste co interior, utilizándoo como crítica á marxinación dunha sociedade “non enmarcada”.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.