Vilagarcía

 

TRANSFORMANDO A VILA

TRABALLANDO COA PERCEPCIÓN

Basearemos esta experiencia no concepto da “defamiliarización ou extrañamento”, un concepto literario desenvolto por Viktor Shklovski. Segundo a súa teoría, a cotidianidade fai que se “perda a frescura na nosa percepción dos obxectos”, facendo de todo algo automatizado.

A rutina adormécenos, volvéndonos cegos, xordos, e alleos ao que ocorre na nosa contorna. Xa non observamos o que nos rodea, xa non nos fixamos nos obxectos e lugares que coñecemos, por cotiáns. A arte presenta aos obxectos desde outra óptica. Arríncaos da súa percepción automatizada e cotiá dándolles vida en si mesmos, e no seu reflexo na arte. A través deste concepto comezamos a percibir as cousas doutra maneira, vémonos obrigados a iso pola “desfamiliarización”, que nos presenta a realidade como nunca antes víramola… converteremos a Praza da Independencia nun océano… e ata debuxaremos no aire…

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.