Terceira edición
Vilagarcía
“Non hai nada mellor que reflexionar sobre a Vilagarcía do futuro que escoitar a quenes van a ser os seus protagonistas nese futuro.
Dito doutro xeito: escoitar a aqueles que, como nós, terán dentro de máis ou menos anos a responsabilidade de deixarlle aos seus descendentes unha cidade máis humana, máis amable, máis atractiva, como agora o intentamos nós. E así ata o infinito e, como adoita dicirse, máis alá.”
Alberto Varela Paz
VILAGARCÍA

OS NENOS E A VILAGARCÍA QUE QUEREN
“A Vila do Mañá” parte de tomar a cidade de Vilagarcía de Arousa como un taboleiro de xogo, transformando o lugar que habito en algo novo, en algo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos.
Nesta edición da “Vila do Mañá” incorporamos a creación dun taboleiro de xogo cos elementos característicos de Vilagarcía de Arousa. É un “xogo da oca” orixinal e inédito, conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos, artísticos e culturais que configuran a identidade de Vilagarcía.