Vilagarcía

 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “A VILA DE ONTE”

COÑECENDO O PASADO DE VILAGARCÍA

Expuxéronse fotografías de escenas urbanas de Vilagarcía. Colocáronse de tal modo que os lugares nos que se tomaron no pasado e agora puidesen ser vistas. De este modo sinalamos como cambiou o espazo, como usalo e como ocupalo.

As fotografías de Vilagarcía antiga mostran a cidade a través das rúas, cos peóns, ciclistas, camiñantes… e ademais espertan nostalxia. Esquecemos que parte da beleza destas imaxes recae na falta de coches… a imaxe parece mais humana, menos conxestionada… o ambiente cambia.
Isto é o que queremos transmitir con esta actividade: como o mero feito de usar as rúas para as persoas cambia completamente a atmosfera dese lugar.
O Faido da Memoria aportou as fotografías.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.