Vilagarcía

 

debuxando a túa cidade

coñecendo vilagarcía de arousa

Para esta actividade, pedímolles aos nenos e as nenas que nos debuxen os lugares que consideran máis importantes, para eles, de Vilagarcía.

Imaxinas que espazos da cidade debuxaron? Que lugares son importantes para eles?

Nos tempos que vivimos onde todo está a un “click” de distancia, onde sobrevoar Tokio ou New York está ao alcance da man, onde podo visitar o Partenón dende a pantalla… esquecémonos do lugar que habitamos. As novas xeracións, os habitantes do mañá, desconeñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade, viven nunha “caixiña”, desprázanse noutra “caixiña” máis pequena e chegan a unha “caixa” maior (chámese colexio, centro comercial, … ou polideportivo). Esta é a súa relación co seu entorno.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.