Vilagarcía

 

obradoiro de “a vila do mañá”

traballando cos máis pequenos

“A Vila do Mañá” é un proxecto educativo e de divulgación, co obxectivo de que dende a infancia e a través do xogo, tómese conciencia das escalas do espazo público: o tanxible e intanxible do patrimonio, da arquitectura, do urbanismo, da mobilidade e do territorio, por iso Vilagarcía transformouse no noso taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación.

Creemos que a infancia e a adolescencia necesitan implicarse dun modo activo no proceso de construción do espazo público (a praza, o barrio, a cidade,…) dotándolles das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade, a través do arte e da arquitectura. O obxectivo é xerar neles unha nova mirada aos espazos nos que desenvolven as súas vidas.
As actividades de “A Vila do Mañá” realizáronse dende o Sábado 21 as 4.00 p.m. ata as 8.00 p.m. na Peixería, porque as condicións meteorolóxicas non permitiron saír á rúa, e continuaron o Domingo 22 dende as 10.00 a.m. ata as 2.00 p.m. e dende as 4.00 p.m. ata as 8.00 p.m. na Rúa Conde Vallellano.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.