Vilagarcía

 

un día en vilagarcía 

ACTORES E ACTRICES DUN TEATRO DE SOMBRAS

O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA ou CIDADE formando parte dunha CIDADANÍA ACTIVA, de tal forma que sexan partícipes e executores dos cambios na súa contorna.

Para que exista ese protagonismo, a INFANCIA e ADOLESCENCIA debe reflexionar sobre a súa contorna (espazo no que desenrolan a súa vida), o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir, tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereito e a importancia que pode ter a súa participación como motor de cambio do resto da sociedade.

“O primeiro sitio ao que adoitamos ir é á Praza de Galicia. É un lugar acolledor, pero hai moita xente. Hai unha fonte moi bonita enfronte de Zara na que cae moita xente, eu poñería unha parede de cristal detrás dos bancos[…] Logo para comer imos no coche ao Mercadona”.

“Saio de casa, e atópome aos meus dous amigos, como nos gusta ir ao parque de Miguel Hernández, imos, cando chegamos non había nenos, gústanos porque hai moitos tobogáns, randeeiras, teas de arañas… pero tamén porque hai dous parques e está preto da praia Compostela[…] Despois imos á praza Galicia, hai moitas tendas e hai unha castañeira, habitualmente hai moitas persoas, pero hoxe non hai xente porque hai nubes negras e parece que vai chover”.

“A praza da Independencia parécenos un espazo acolledor para ir a merendar. Despois voume a fútbol pasando polo parque de Cavadelo. Ao saír de fútbol márchome a música pasando polo río do Con, está un pouco sucio pero é agradable[…] Logo voume a casa pasando polo pavillón Fexdega, un bo sitio para facer deporte. Este é o noso día en Vilagarcía de Arousa”.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte