Primeira edición

Ribeira

“Quero feliciar a A Vila Do Mañá polo ben que souberon desenvolver unha actividade da que se beneficiaron un cento de rapaces, todos eles/elas intengrantes dos campamentos de conciliación do Concello. A Vila Do Mañá, en colaboración con Apatrigal, tivo a idea de transformar a cidade nun inmenso campo de xogos para que os pequenos puidesen aprender palpando, manipulando e facendo súa unha urbe que comunmente albiscan como algo que lles é alleo, como cousa de adultos…adultos que, por certo, nalgún punto do século XX perdemos o rumbo do desenvolvemento urbanístico permitindo que o feísmo se introducise nas nosas vidas.” 

Manuel Ruíz Rivas (Alcalde de RIbeira)

RIVEIRA

a importancia do lugar

Queremos que os nenos e nenas aprendan a mirar o lugar onde habitan, tendo con eles dúas poderosas ferramentas: a ARTE e a ARQUITECTURA. Son dous elementos que nos serven para entender o mundo e, o máis importante, tamén para transformalo.