Ribeira

 

TRANSFORMANDO A CIDADE TRABALLANDO COA LIÑA

APROPIACIÓN DEBIDA: CINTAS COMO XERADOR DE ESPAZOS

Proporciónaselles as cintas de balizaxe, e eles propoñen os espazos a invadir, son eles quenes deciden como crear a estructura que se convertirá no seu espazo de ocio e gozo. Apropiaranse de espazos de Ribeira que pertencen aos cidadáns pero non se sinten como tal. Xeraremos un vínculo identitario con eles.

Nun primeiro momento obsérvaselles gratamente sorprendidos ante a invasión dos diferentes espazos. Para eles é algo novedoso, e a toma de contacto faise dun xeito fluído. É o seu espazo e o tratan como tal, o usan dun modo imaxinativo durante todo o periodo que dura a actividade. Unha vez rematada, podemos obsevar como estableceron vínculos co lugar que ocuparon durante o tempo que durou o xogo, sénteno propio, responsables del. Isto é claramente visible no momento do final do xogo, unha vez rematado esfórzanse en recoller e coidar o seu novo espazo, séntense con deberes, porque antes xa disfrutaron dos seus dereitos. Pouco a pouco recollen as cintas, e van aparecendo diversas mostras de “arte” que son feitas cos restos dos xogos. 

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.