Ribeira

 

TRANSFORMANDO A CIDADE TRABALLANDO ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

INVASIÓN COAS CAIXAS DE CARTÓN

Proporciónaselles un gran número de caixas, nunha primeira fase pídeselles que entre todos constrúan un elemento, o que eles queran. A continuación dividiranse en grupos e propondranse diferentes xogos para poder conseguir caixas para as súas construcións. Buscarán que a súa construción sexa a máis alta e resistente, para poder competir cos outros grupos.

No momento no que os nenos ven as caixas síntense emocionados de xogar con elas, son un elemente que chama a súa atención.

Prodúcese sempre, nun primer momento, a búsqueda por construir un elemento que os protexa do exterior, nuns casos unha cabana, un castelo, un forte… unha vez conclúen a súa obra, pídeselles que a destrúan e creen un novo elemento.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.