Ribeira

 

Traballando co PLANO, experimentando con texturas

UN TABOLEIRO DE TEXTURAS

Créase un taboleiro de xogo cos distintos materiais, alternando uns con outros, e resulta unha especie de patchwork de diferentes pavimentos. Os nenos van un por un percorrendo o taboleiro e relatándonos as sensacións que suxiren os distintos materiais: se os notan fríos ou quentes, se son suaves ou rugosos, cómodos para camiñar descalzos, … Unha vez realizada a primeira fase, e a modo de xogo, se suxire que se coloquen sobre o material que máis lles gustou. Para rematar a actividade realizan un xogo, unha especie de “Twister”. Se lles pide que colocan a man sobre un ou outro material, o pe sobre o outro… e así durante un tempo. Isto permitiranos comprobar que se familiarizaron con todos e cada un dos materiais.

A primeira parte da actividade desvela que os nenos e as nenas coñecen os diferentes materiais, son conscientes da súa existencia, todos son materiais que conforman a maioría das construcións do noso entorno, pero en xeral no saben referirse a eles polo seu nome. As sensacións que nos describen son do máis diversas. En consecuencia, para a realización de esta parte da actividade, contan co noso apoio para descubrir, mediante preguntas sinxelas realizadas con unha pincelada de diversión.

Para terminar, unha vez familiarizados cos diferentes pavimentos é a hora do xogo, realizado dende o punto de vista sempre didáctico, e como comprobación do que descubriron acerca de estos materiais tradicionales ao longo das fases anteriores da actividade.

Unha vez máis sorpréndenos, o seu material predilecto é a herba, a súa textura é a que máis lles gusta.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.