Primeira edición
Ferrol
“‘A Vila do Mañá’ comparte a nosa filosofía para facer de e para Ferrol, unha cidade educadora, con mais pés e menos fumes. En suma, unha cidade que camiña con pequenos e decididos pasos cara o futuro.”
Jorge Suárez Fernández
FERROL

FERROL, UNHA CIDADE QUE CAMIÑA AO MAÑÁ
Queremos afondar na concepción do centro da cidade, o barrio de A Magdalena, como un espazo peonil, recuperando as rúas para a vida e para as persoas, reconquistando cos pés espazos recuperados dos que desterramos o tráfico rodado para o desfrute colectivo, facendo das rúas do noso centro unha gran cuadrícula de xogos.