
Ferrol
TRANSFORMANDO A CIDADE
TRABALLANDO co plano vertical
Proponse a concienciación sobre a inclusión do verde na cidade mediante a creación e a plantación de bombas de sementes, desenvoltas polo naturalista nipón Masanobu Fukuoka.
Queremos reflexionar sobre a forma na que nos relacionamos co planeta. Facer aos nenos e nenas conscientes de que o sustentable consiste nun equilibrio entre aquilo que nos permite desenvolver a nosa vida e o que non compromete a supervivencia das futuras xeracións. Así, darnos conta de que só temos un planeta con recursos limitados, e que é imposible manter o noso ritmo de consumo actual.

Colorea a túa Cidade
A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.