Ferrol

 

 Que hai o outro lado do muro?

coñecemos a cidade na que vivimos?

Para seguir traballando con plano vertical, e xa que estamos en Ferrol, propoñemos actuar sobre o Muro do Arsenal.

Enténdose o muro do Arsenal como unha gran barreria, unha fronteira que separa dúas cidades. Expónselles esta problemática aos nenos e nenas mediante un xogo, que pensades que hai “o outro lado do muro?”

Co obradoiro “A Vila do Mañá”, a cidade na que viven non é unha idea abstracta, nin é unha serie de imaxes parciais; comeza a entenderse como un contorno moito máis complexo e amplio, que nos aproxima á noción de hábitat: o espazo que trascende á súa localización física nun territorio no que resolvemos as nosas necesidades, establecendo relacións con outras persoas e co medio, tanto natural como construído; implicando procesos nos que se transforma, pero nos que tamén somos transformados. O hábitat implica tamén a memoria e o simbólico da comunidade. En síntese, o hábitat como sistema de relacións e procesos que se xeran entre tres elementos: a natureza, a sociedade e o habitante.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.