
Ferrol
TRANSFORMANDO A CIDADE
TRABALLANDO COA ESCALA
Propoñemos realizar unha intervecención efémera para humanizar a cara exterior do muro. Utilizarase o muro coma se fose un gran lenzo sobre o que se plasmarán as siluetas dos nenos e nenas, usando unicamente a auga como pincel.
O efecto sería transitorio, poderíanse ver as siluetas dos nenos e nenas no muro mentres este estivese húmido, recuperando o seu aspecto orixinal en canto secase.
Introducimos o concepto de escala humana e o de escala de cidade. Partindo de tomar conciencia das súas propias dimensións corporais, o neno e nena pode aproximarse a outras dimensións como a da cidade e a do territorio. É un percorrido perceptivo que situamos entre a man, que representa o próximo ao seu corpo, e o horizonte, o afastado que alcanza a vista.
Esta intervención baséase nas experiencias de Yves Klein, que nas súas obras monocromas, resaltaba a silueta de mulleres espidas coa súa famosa cor azul, os mulleres eran os pinceis, dando lugar a interesantes estudos da escala e da forma humana.
