Ferrol

 

TRANSFORMANDO A CIDADE 

TRABALLANDO ELEMENTOS NATURAIS

Proponse a concienciación sobre a inclusión do verde na cidade mediante a creación e a plantación de bombas de sementes, desenvoltas polo nipón Masanobu Fukuoka.

Hoxe en día é moi importante reflexionar sobre a relación que temos co noso planeta. 

Facer conciencia nos máis pequenos sobre a sustentabilidade, buscando o equilibrio entre o desenrolo das nosas actividades diarias respetando o medio que nos rodea. Entender que os recursos do planeta son limitados, polo que é imposible manter o noso ritmo de consumo actual.

 

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.