Primeira edición

Touro

Nesta ocasión son as palabras as que invaden os espazos urbanos, as que transforman a contorna das nenas, nenos ou adolescentes. Na proposta que se realizou en Touro e baseándonos na toponimia que configura o seu núcleo poblacional máis importante, tratouse de transformar a contorna cos relatos dos nosos literatos: Martín Códax, Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Eduardo Blando Amor.

TOURO

TRANSFORMANDO A PAISAXE URBANA, TRABALLANDO COA LITERATURA GALEGA

Queremos que os adolescentes aprendan a mirar o lugar onde habitan, tendo con eles dúas poderosas ferramentas: a ARTE e a ARQUITECTURA. Son dous elementos que nos serven para entender o mundo e, o máis importante, tamén para transformalo.