
TOURO
TRANSFORMANDO A PAISAXE URBANA CON RAMÓN CABANILLAS
PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa CIDADE, de tal forma que serán partícipes e executores das ideas para un novo deseño dun espazo propio na súa cidade.
O protagonismo implica ser o actor principal das nosas vidas, é a evidencia que as nenas, nenos e adolescentes son suxeitos sociais de dereitos e por tanto actores sociais de cambio, actores con iniciativa propia. Para que exista ese protagonismo, a INFANCIA E ADOLESCENCIA debe reflexionar sobre a súa contorna (espazo no que desenrolan a súa vida), o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereito e a importancia que pode ter a súa participación como motor de cambio do resto da sociedade.
