TOURO

TRANSFORMANDO A PAISAXE URBANA CON CASTELAO

PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

O protagonismo implica ser o actor principal das nosas vidas, é a evidencia que os nenos e nenas son suxeitos sociais de dereitos e por tanto actores sociais de cambio, actores con iniciativa propia. Para que exista ese protagonismo, os nenos e nenas deben reflexionar sobre a súa vida, o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereitos e a importancia que pode ter a súa participación para a súa vida e para o resto da sociedade.

O que sinto eu é que algún que maltratou a miña nai morra denantes de que eu chegue a home.

Castelao

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.