SILLEDA

TRANSFORMANDO A PAISAXE URBANA CON ROSALÍA DE CASTRO

PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

O protagonismo implica ser o actor principal das nosas vidas, é a evidencia que as nenas e nenos son suxeitos sociais de dereitos e por tanto actores sociais de cambio, actores con iniciativa propia. Para que exista ese protagonismo, a xuventude debe reflexionar sobre a súa vida, o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereitos e a importancia que pode ter a súa participación para a súa vida e para o resto da sociedade.

Cantan os galos pr’ó dia

Erguete, meu ben, e vaite.
 — Como m’ ei d’ ir queridiña,
 Como m’ ei d’ ir e deixarte.

 —D’ eses teus olliños negros
 Como doas relumbrantes,
 Hastr’ as nosas maus unidas
 As vagoas ardentes caen.
 ¿Como m’ ei d’ ir si te quero?
 Como m’ ei d’ ir e deixarte,
 Si cá lengua me desvotas
 E có coraçon me atraes?
 N’ un corruncho do teu leito
 Cariñosa m’ abrigaches
 Có teu manso caloriño
 Os frios pés me quentastes;
 E d’ aqui xuntos miramos
 Por antr’ ó verde ramaxe,
 Cal iba correndo á lua
 Por enriba dos pinares.
 ¿Como queres que te deixe
 Como que de ti m’ aparte,
 Si mais qu’ á mel eres dulce
 E mais qu’ as froles soave?

      —Meiguiño, meiguiño meigo,
 Meigo que me namoraste,
 Baite d’ onda min meiguiño
 Antes qu’ ó sol se levante.

      —Ainda dorme, queridiña,
 Antr’ as ondiñas do mare,
 Dorme por que m’ acariñes
 E por qu’ amante me chames,
 Que sol’ onda tí, meniña,
 Pódo contento folgare.

      —Xa cantan os paxariños,
 Erguete, meu ben, qu’ é tarde.

      —Deixa que canten, Marica,
 Marica deixa que canten…
 Si tí sintes que me vaya,
 Eu relouco por quedarme.

      —Conmigo, meu queridiño,
 Mitá dá noite pasaches.

      —Mais en tanto ti dormias
 Contenteime con mirarte,
 Qu’ asi sorind’ entre soños
 Coidaba qu’ eras un anxel,
 E non con tanta pureza
 O pé d’ un anxel velase.

      —Asi te quero, meu ben,
 Com’ un santo dos altares,
 Mais fuxe… qu’ ó sol dourado
 Por riba dos montes saye.

      —Irey, mais dame un biquiño
 Antes que de tí m’ aparte;
 Qu’ eses labiños de rosa
 Inda non sei como saben.

      —Con mil amores chó dera,
 Mais teño que confesarme,
 E moita vergonza fora
 Ter un pecado tan grande.

      —Pois confesate, Marica,
 Que cando casar nos casen,
 Non ch’ an de valer, meniña,
 Nin confesores nin frades.
 Adios, cariña de rosa!

Rosalía de Castro

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.