Segunda edición

Malpica

Pártese de tomar Malpica como un taboleiro de xogo, transformándose o lugar habitado nalgo novo, nalgo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos. O lugar é entendido máis alá do espazo físico, trátase dun concepto espacial, multisensorial, cargado de experiencias e de simbolismos, tanto individuales como comunitarios.

MALPICA

A IMPORTANCIA DO LUGAR

Proponse a transformación temporal de varios espazos públicos de Malpica, realizado por nenos e nenas de varias idades, traballando a todas as escalas do común: arquitectura, patrimonio, urbanismo e paisaxe. Con esto, preténdese un maior coñecemento da cidade na que viven; unha apropiación de espazos que lles son vetados a diario; o movemento con liberdade nas prazas; empoderamento espacial xunto con outros nenos e nenas, favorecendo a súa convivencia; valoración do lugar no que viven a través dunha nova mirada sobre o seu hábitat habitual; facerlles responsables do seu entorno; coñecer tamén os elementos que conforman o lugar inmaterial; e, sobre todo, demostrarlles a súa capacidade transformadora.