Malpica

 

COMO É A TÚA vila? QUE ELEMENTOS DESTACARÍAS?

ENMARCANDO buño

Deambulando por Malpica-Buño, os nenos e nenas van enmarcando aqueles elementos urbanos que son importantes para eles, para así entender cómo perciben a súa vila.

 

A experiencia inspírase na obra de O´Grady, artista e activista polos dereitos da sociedade afroamericana, que coa súa performance pretende incluír na súa obra espectadores de raza negra, raza que normalmente quedaba fora da arte. Para a performance, O´Grady decide desfilar no día da cultura afroamericana, deseñando unha carroza cun gran marco dourado sobre ela, a esta acompáñanlle 13 actores e actrices de raza latina e negra, vestidos de branco e cun pequeno marco dourado. O obxectivo era que os artistas se enmarcasen a eles mesmos ou aos espectadores, e facer ver aos cidadáns afroamericanos a súa validez para pertencer á arte. Ao fotografíar marcos O´Grady fainos cuestionarnos sobre que é o que queda fóra ou dentro da súa obra. Tradicionalmente isto era delimitado polo cadro, marcando unha liña bastante clara. Ela, rompe esa liña, e o que pasa fóra coexiste co interior, utilizándoo como crítica á marxinación dunha sociedade “non enmarcada”. 

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.