Malpica

 

CÓMO É A TÚA VILA?

COÑECENDO MALPICA

Para esta actividade, pedímolles aos nenos e as nenas que nos debuxen os lugares de Malpica e Buño que consideran máis importantes para eles.

Imaxinas que espazos da cidade debuxaron? Que lugares son importantes para eles?

“Eu enfronto a cidade co meu corpo; as miñas pernas miden a lonxitude dos soportais e a anchura da praza; a miña mirada proxecta inconscientemente o meu corpo sobre a fachada da catedral, onde deambula polas molduras e os contornos, sentindo o tamaño dos entrantes e saíntes… Síntome na cidade e a cidade existe a través da miña experiencia encarnada. A cidade e o meu corpo compleméntanse e defínense un ao outro. Habito na cidade e a cidade habita en min.”

Juhani Pallasmaa

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.