Malpica

 

transformando a vila

traballando CON elementos tridimensionais

Usaremos as caixas amarelas a modo de terceiro “don” de Froebel, un “don” a unha escala moito maior, un “don” co que se propón apropiarnos dalgún espazo de Buño, neste caso, unhas das salas de Colexio Público Joaquín Rodríguez Otero.

Na Arquitectura temos de referencia a Froebel a través de Frank Lloydd Wright, que foi educado con este método. Trátase dun sistema baseado na creatividade e intuición do neno a través da experiencia directa, o xogo e a natureza. Crea un recurso pedagóxico baseado en “dones” e “ocupacións”. Os “dones” son materiais pedagóxicos que non cambian pero transfórmanse; as ocupacións son actividades na que os nenos xogan mediante a transformación dos obxectos que manipula. Os “dones” son precursores dos bloques de construcción da actualidade (Lego, Tente, …).

Moitos foron os investigadores que establecen as relacións entre a maneira de facer arquitectura de Wright co proceso de aprendizaxe a través dos “dones” de Froebel.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.