Primeira edición

Bertamiráns

“Cando nunha xuntanza do Goberno o concelleiro de Urbanismo comentounos a posibilidade de organizar o obradoiro “A Vila do Mañá” explicounos en que consistía: un proxecto con nenos e nenas que nos dará como resultado a súa visión sobre a cidade na que viven; pensei que este traballo que realizan era o axeitado para o concello de Ames por varias razóns. Porque somos o concello máis mozo de Galicia, cunha media de idade de 38 anos, porque somos o concello que máis medra en termos poboacionais de todo o noso país, pola distribución territorial do municipio, con dous núcleos cuxa construcción é totalmente distinta: por un lado O Milladoiro, que foi medrando de xeito pouco racional e sen moito orde na súa primeira etapa; e polo outro Bertamiráns, que xurdiu, ao igual que O Milladoiro case dun xeito espontáneo, pero cuxas edificacións foron e son máis vistosas e menos “invasivas”.”

José Miñones Conde – Alcalde de Ames

BERTAMIRÁNS

a cidade como taboleiro de xogo: bertamiráns

“O xogo é o maior grao de desenvolvemento do neno, por ser unha manifestación libre e espontánea do interior… O xogo é o testimonio da intelixencia do home neste grao da vida. O xogo é, en fin, a orixe dos maiores bens… Esta época, na que o neno, xogando con tanto ardor e confianza, desenvólvese no xogo, non é por ventura, a manifestación máis bela da súa vida? Alí está a verdadera manifestación das súas aptitudes para a vida. Non debe ser mirado o xogo como cosa frívola, se non como algo profundamente significativo.”