Bertamiráns

 

como é a túa vila? que elementos destacarías?

enmarcaNDO bertamiráns

Ao enmarcar un elemento, automáticamente dáselle valor, o elevamos á categoría de obra de arte. Agora necesitamos saber que espazos poder ser elevados a esta categoría en Bertamiráns, cales son aqueles lugares que aprecian, que consideran o suficientemente importantes como para enmarcalos. 

Aplicando a Teoría da Deriva de Guy Debord realízase un percorrido ao longo de todo Bertamiráns… ao paso polos distintos espazos que van decidindo enmarcar, que cosas teñen importancia para eles… eles deciden que camiños seguimos e hacia onde imos.

Mediante este método de participación dos nenos nunha actividade amable e participativa, podemos comezar a intuir o seu criterio á hora de entender o seu hábitat.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.