
ARZÚA
DEBUXANDO A TÚA vila
COÑECENDO ARZÚA
Nos tempos que vivimos onde todo está a un “click” de distancia, onde sobrevoar Tokio ou New York está ao alcance da man, onde podo visitar o Partenón dende a pantalla…esquecémonos do lugar que habitamos.
As novas xeracións, os habitantes do mañá, descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade.
“Estas son as palabras que un día calquera, meditando pola rúa, viñéronseme á cabeza, así as transcribo:
Rúas
Nenas e nenos, nas súas soidades mudas,
cruzan as rúas de cidades amargas.
Ritmos vertixinosos modulan o seu camiñar.
Non hai paradas para o descanso, non hai tempo.
Non hai tempo para recuperarse, e mirar e sentir,
para observar, para aprender. Para querer.
Inhóspitos espazos urbanos, de guerras sen sentido,
valores esquecidos e ambicións desmedidas,
equivocan ás súas xentes.
E entre memorias rotas, contedores fedentos,
semáforos, coches, vomitonas e ouriñes.
Tamén bágoas de nenos mollan as rúas.”
Adriana Bisquert
