Código Cero   18/12/2020                                                                                                                                                                                                                                                                                    O proxecto A Vila de Mañá, destinado a transformar os lugares nos que vivimos en sitios mellores e amigábeis coa nenez, foi presentado este xoves nos seus detalles pola Deputación da Coruña (unha das entidades que envorca esforzos en apoiar esta iniciativa, xunto con Concellos como o de Carballo, Ribeira, Ames, Rianxo, Santiago, A Pobra do Caramiñal ou Ferrol, entre outros). Ademais, este ano a iniciativa terá unha marcada vertente dixital.
Cambiar o concepto dos espazos urbanos e facelos habitábeis para as persoas, coas urxencias que impuxo a crise sanitaria, é o obxectivo renovado desta edición 2020 do proxecto A Vila do Mañá, que conta co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de subvencións en concorrencia competitiva para proxectos singulares.
O deputado de Cultura, Xurxo Couto, a coordinadora Sandra González e a arquitecta, Luz Paz presentaron o libro A vila do mañá en tempos de pandemia na Deputación da Coruña. A obra recolle a experiencia do proxecto en Arzúa como modelo de actuación na nova normalidade e “co obxectivo de construír coas novas xeracións un futuro mellor para as persoas en vilas e cidades”.

Comparte!

Grazas polo teu aporte