SILLEDA

APACIGUAMENTO DO TRÁFICO NA ZONA ESCOLAR

URBANISMO TÁCTICO

É unha fórmula de TRANSFORMACIÓN URBANA sinxela e poderosa, que seguen VILAS e CIDADES no mundo enteiro e que permite cambiar os espazos a través de accións con elementos efémeros e económicos.

Desta forma, é posible TRANSFORMAR meros ESPAZOS de tránsito ou aparcamento en ZONAS de VIDA e interacción social, creando lugares de encontro  para a comunidade e sobre todo pensados por e para as nenas, nenos e adolescentes, onde eles son os protagonistas.

Participación protagónica da infancia e da adolescencia transformando as rúas dos seus centros escolares, a través de accións de urbanismo táctico. Buscase cambiar o modelo actual que produce inseguridade vial e transformar o entorno escolar nun lugar seguro. Con estas pequenas accións inténtase apaciguar o tráfico das zonas escolares.

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte