
ARZÚA
transformando a vila
traballando coa liña
Proporciónaselles os fíos de cores, e eles propoñen os espazos a invadir, son eles quenes deciden cómo crear a estructura que se convertirá no seu espazo de ocio e gozo. Apropiaranse de espazos de Arzúa que pertencen aos cidadáns pero non se sinten como tal. Xeraremos un vínculo identitario con eles.
Preténdese que os nenos actúen como vangarda de recuperación do territorio para a cidadanía. Como afirma o xeógrafo e teórico social David Harvey, é necesaria a apropiación dos espazos públicos urbanos por parte da cidadanía mediante unha acción política para convertelos en espazos comúns. Son bens comúns, que buscamos que os nenos recoñezan como seus dende diferentes puntos de vista: dende a historia, os seus usos, a súa evolución e as súas transformación.
