ARZÚA

 

transformando a VILA

traballando coS elementos NATURáis

Trátase da interacción entre a paisaxe construída e a paisaxe máis natural, así como dos territorios intermedios. Entender cómo as persoas construímos a paisaxe e cómo a paisaxe tamén nos constrúe.

Facer conciencia nas nenas, nenos e adolescentes sobre a sustentabilidade, buscando o equilibrio entre o desenrolo das nosas actividades diarias respetando o medio que nos rodea. Entender que os recursos do planeta son limitados, polo que é imposible manter o noso ritmo de consumo actual.

 

Para a concienciación sobre a inclusión do verde na cidade, propónselles as nenas, nenos e adolescentes a creación destas bombas, que se compoñen dunha parte de arxila, abono natural, e unha mestura de sementes complementarias, neste caso utilizouse a chamada mestura azteca o precolombina (xudías, millo, cabaza…), desenvoltas polo nipón Masanobu Fukuoka.

Con todo isto, créase un mural colorido outorgado polos sobres de cores xeotextíls, nos que se introduce terra, auga e as bombas e que irase complementando paulatinamente polo verde das plantas nacidas, preparadas por eles mesmos. 

Colorea a túa vila

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.