
SILLEDA
transformando a paisaxe urbana
TRABALLANDO CO PLANO
Trátase da interacción entre a paisaxe construída e a paisaxe máis natural, así como dos territorios intermedios. Entender cómo as persoas construímos a paisaxe e cómo a paisaxe tamén nos constrúe.
Cando saimos á rúa, nenos e nenas invaden o espacio público, o lugar transfórmase en algo dinámico que xa non só é aprehendido, senón que pode ser modificado por eles mesmos, outorgándolles un papel protagonista que normalmente, na creación de entornos, non se lles da ou queda reducido a un ámbito de xogo máis controlado, como o patio do colexio ou a área infantil acoutada dos parques infantís.

Colorea a túa vila
A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.