RIANXO

 

TRANSFORMANDO A vila TRABALLANDO COA LIÑA

usando as cintas de baliza e os fíos de cores

Proponse a actividade e se lles proporciona o material. Eles deciden que espazo sera noso… e como defínese ese espazo.

Nun primeiro momento obsérvaselles gratamente sorprendidos ante a invasión dos diferentes espazos. Para eles é algo novedoso, e a toma de contacto faise dun xeito fluído. É o seu espazo e o tratan como tal, o usan dun modo imaxinativo durante todo o periodo que dura a actividade. Unha vez rematada, podemos obsevar como estableceron vínculos co lugar que ocuparon durante o tempo que durou o xogo, sénteno propio, responsables del. Isto é claramente visible no momento do final do xogo, unha vez rematado esfórzanse en recoller e coidar o seu novo espazo, séntense con deberes, porque antes xa disfrutaron dos seus dereitos.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.