Vilagarcía

 

TRANSFORMANDO A CIDADE TRABALLANDO CO PLANO

INVASIÓN DE COR NAS MEDIANERAS

Temos a planta, pero fáltanos onde sementala. Experimentamos esta vez cos baleiros verticais  (as medianeras). Co tempo o colorido mural outorgado polos sobres de cores xeotextís, irase complementando paulatinamente polo verde das prantas nacidas das bombas.

Eles crearon o seu xardín vertical e convértense en observadores e coidadores da súa obra.

Queremos reflexionar sobre a forma na que nos relacionamos co planeta. Facer aos nenos conscientes de que o sustentable consiste nun equilibrio entre aquilo que nos permite desenvolver a nosa vida e o que non compromete a supervivencia das futuras xeracións. Así, darnos conta de que só temos un planeta con recursos limitados, e que é imposible manter o noso ritmo de consumo actual.

Proponse a concienciación sobre a inclusión do verde na cidade mediante a creación e a plantación de bombas de sementes, desenvoltas polo naturalista nipón Masanobu Fukuoka.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte