
sILLEDA
COMO É A TÚA vila? QUE ELEMENTOS DESTACARÍAS?
DEBUXANDO e enmarcando SILLEDA
Comezamos as actividades pedíndolles que nos mostren cal é a súa visión da vila para saber de qué punto partimos. E poder entender cal é a súa relación con espazo que habitan.
Entender a súa visión da cidade: Coñecen a cidade? Comprenden o espazo que habitan?…Saben situar a súa casa, o seu colexio o seu espazo de xogo?…Ou polo contrario a cidade é un gran laberinto incomprensible para eles?
Aplicando a Teoría da Deriva de Guy Debord realízase un percorrido ao longo de Silleda… ao paso polos distintos espazos que van decidindo enmarcar, que cosas teñen importancia para eles… eles deciden qué camiños seguimos e hacia onde imos.
Mediante este método de participación dos nenos nunha actividade amable e participativa, podemos comezar a intuir o seu criterio á hora de entender o seu hábitat.
