SILLEDA 

CODISEÑO DA PRAZA JUAN SALGUEIRO

PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA ou CIDADE formando parte dunha CIDADANÍA ACTIVA, de tal forma que sexan partícipes e executores dos cambios na súa contorna.

O protagonismo implica ser a actriz ou actor principal nas súas vilas ou cidades, é evidente que as nenas, nenos e adolescentes son suxeitos sociais de dereitos e por tanto actrices e actores sociais de cambio e teñen iniciativa propia. Para que exista ese protagonismo, a INFANCIA e ADOLESCENCIA debe reflexionar sobre a súa contorna (espazo no que desenrolan a súa vida), o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir, tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereito e a importancia que pode ter a súa participación como motor de cambio do resto da sociedade.

Neste caso trabállase ca vila, como o seu hábitat, o seu taboleiro de xogo por descubrir. Comprender a súa estrutura, conformación, morfoloxía, os seus baleiros e os seus cheos, a súa historia, as súas tradicións e as súas cuestións simbólicas e inmateriais é indispensable para poder reflexionar sobre como se moven duns sitios a outros, os percorridos, os puntos importantes onde se desenvolve a vida das nenas, nenos e adolescentes da comunidade.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.