ARZÚA

Participación protagónica

Patrimonio cultural

O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA ou CIDADE formando parte dunha CIDADANÍA ACTIVA, de tal forma que sexan partícipes e executores dos cambios na súa contorna.

O protagonismo implica ser a actriz ou actor principal nas súas vilas ou cidades, é evidente que as nenas, nenos e adolescentes son suxeitos sociais de dereitos e por tanto actrices e actores sociais de cambio e teñen iniciativa propia. 

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.