
BARBADÁS
O ESPACIO DA CIDADE
CÁNTO É UN METRO E MEDIO?
Os nenos de Barbadás (Ourense) comprobaron que moitos obstáculos impiden manter a distancia.
O proxecto “A Vila do Mañá” reivindica que as cidades estean máis pensadas para as persoas.
Niusdiario 29/07/2021
O experimento duns nenos de Ourense con flotadores xigantes para comprobar a distancia social
As rúas da localidade ourensá de Barbadás énchense estes días de nenos enfundados en enormes flotadores. Pero non van á piscina, senón que pretenden mostrar o pouco preparadas que están as nosas cidades para manter a distancia social.
A responsable desta iniciativa é Sandra González, arquitecta e creadora do proxecto “A Vila do Mañá”. Critica que a crise inmobiliaria non nos fixese reformularnos o deseño das cidades e agora espera que a crise sanitaria si sirva para cambiar certas cousas.

Colorea a túa Cidade
A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.