SILLEDA

INVADINDO SILLEDA COA OBRA “O SIÑOR AFRANIO” DE ANTÓN ALONSO RÍOS

PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA ou CIDADE formando parte dunha CIDADANÍA ACTIVA, de tal forma que sexan partícipes e executores dos cambios na súa contorna.

Para que exista ese protagonismo, a INFANCIA e ADOLESCENCIA debe reflexionar sobre a súa contorna (espazo no que desenrolan a súa vida), o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir, tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereito e a importancia que pode ter a súa participación como motor de cambio do resto da sociedade.

– ¡Ya cogieron a Alonso Ríos! ¡Por fin cayó el gran zorro!

Istas esclamacións cheas de gozo vesánico e outras polo estilo, con variantes faunísticas peiorativas, escoitámolas en Tui durante meses, dende o 26 de xullo de 1936, día en que as tropas sublevadas entraron na cidade, logo de vencer a resistencia das forzas militares e civís leales á República.

Dormín na casa do Iglesias. A iso da meia noite petaron á porta. A dona do Iglesias atendéu. Era unha veciña que pedía entrar. Decía que foran avisar á súa casa pra que fuxira, aconsellándolle do xeito ila repetía:

Fuxe, fuxe, mais non borregues

A ista imprudencia sumóuse o seguinte feito, por certo ben cheo de riscos: dempóis que a Donata i a madriña do Guillermo se tiñan ido, eu fixen unha tentativa de impresionar ó Pepe de Vilachá. Díxenlle que me ía entregar ó cura de Vilameán de Tebra, xefe falanxista, aquil que nós metéramos na cadeia en Tui. O home espantóuse:

– ¡Non faga iso, que o matan!

Cando eu lle pedín a Pepe de Vilachán os meios pra facer a carta da miña suposta entrega, o Guillermo requiréu dil meia ducia de ovos cocidos, e acotóu:

– Veleiquí dúas resoluciós ben opostas: ti pides recursos pra entregáreste i eu pídoos pra fuxir.

Antes da noite cheguéi cerca da estrada de Tebra. Como escoitéi falar xente que andaba a traballar ó lado mesmo da estrada, pra non ser visto deitéime nunha chousa ante os fentos e sóio atraveséi prá outra banda xa ben entrada a noite. Ó pouco de camiñar sentínme canso. Busquéi un total axeitado pra deitarme e pasar o resto disa noite i o día seguinte.

 

 

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte