
BARBADÁS
TRANSFORMANDO A RÚA DO ENSINO
URBANISMO TÁCTICO
É unha fórmula de transformación urbana sinxela e poderosa, que seguen cidades de todo o mundo e que permite cambiar como se usa un espazo con elementos temporais e económicos. Neste caso, traballouse na Rúa do Ensino recuperando espazo de uso habitual dos vehículos para a infancia e adolescencia.
O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa CIDADE, de tal forma que serán partícipes e executores das ideas para un novo deseño dun espazo propio na súa cidade.

Colorea a túa Cidade
A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.