Vilagarcía
transformando a cidade
traballando coa liña
Outra das ferramentas elementais que utilizamos é a liña. Utilizan fíos de cores ou cintas de baliza para xerar os seus espazos.
Os espazos a proxectar son a rúa Conde Vallellano no taller realizado en agosto e a praza da Independencia no taller de novembro, eles tecen a rúa, enchendo de cor o asfalto. É o seu novo espazo de xogo, divírtense na “súa rúa”, xeraron unha identidade con ela.
“A liña xeométrica é un ente invisible. É a traza que deixa o punto ao moverse e é por tanto o seu produto. Xorde do movemento ao destruírse o repouso total do punto. Demos un salto do estático ao dinámico. […] Tal é a recta, que na súa tensión constitúe a forma máis simple da infinita posibilidade de movemento.”
Kandinsky